Tuesday 14 de May de 2024

Protección Civil leva a cabo un simulacro de incendio no CEIP Porfaro


O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre levou a cabo un simulacro de incendio no CEIP Portofaro no que participaron os máis de 400 escolares do centro educativo. Os profesionais do servizo municipal espallaron un gas inocuo, coma si se tratase de fume, co obxectivo de simular as condicions que se producen nun incendio coma a falta de visibilidade. Os mestres axudaron a desaloxar o colexio nun estricto orde de saída, e o tempo que empregaron na evacuación non chegou aos dous minutos, segundo os antiincendios. Unha vez desaloxado o recinto escolar os profesionais fixeron un rescate simulado e procederon a ventilar as aulas dos alumnos. O Servizo Municipal de Emerxencias fai este tipo de simulacros unha vez ao ano en cada centro de ensino para mellorar os tempos de resposta ante calquer emergencia que poida suceder.